Cremos na sustentabilidade medioambiental como a mellor garantía da calidade dos nosos produtos. Tódolos ingredientes das nosas receitas proceden da agricultura, gandería e acuicultura ecolóxica.
REUTILIZAR e RECICLAR é primordial para respectar e coidar o medio ambiente e está no ADN da nosa empresa.
O respecto polo medioambiente está presente en toda a nosa cadea de producción: os envases son de cristal reutilizable, a caixa é de cartón reciclado e non utilizamos plásticos.
Reciclable 100%
A caixa de cartón desta conserva non está plastificada e recíclase no contedor azul; o tarro de cristal débese reutilizar e cando non é posible recíclase no contedor verde; a tapa, por ser metálica, vai ó contedor amarelo.