Os nosos Mexillóns Fritos en Escabeche Agridulce Bio DOP 7/10, elaborados con mel, transpórtannos ó Camiño Primitivo no que se pode visitar o museo O Enredo do Abelleiro de Arzúa dedicados a este nobre produto.
O mel, o néctar dos dioses, utilízase na cociña dende tempos pretéritos e tamén como medicamento natural.
O esencial do escabeche é o AOVE monovarietal Cobransosa e o vinagre de uva Airén, que repousan durante 36 horas coas mellores especias.
Fritimos os mexillóns para conseguir unha leve deshidratación e unha textura firme. O escabeche engádese en frío para que manteña os aromas no tempo.
Recomendamos consumilos a temperatura ambiente, non máis de 30º, para que o escabeche garde tódalas súas propiedades.
Antes de distribuilos repousan varias semanas nos nosos almacéns para que cheguen ós consumidores con todo o aroma e sabor.
Ingredientes: mexillóns** (Mytilus galloprovincialis) da ría de Arousa fritos en AOVE*, escabeche* (aceite* de oliva virxe extra Cobransosa, vinagre* de viño Airén, laurel*, pementa* e mel* de abella natural), laurel*, pementa*, especias* e sal.
** Procedencia de acuicultura ecolóxica
* Procedencia de agricultura ecolóxica
Capacidade: 120 ml
Peso neto: 110 g
Peso escorrido: 69 g
Maridaxe: viños frescos novos e con acidez, como Rías Baixas ou Rueda; sidra natural ou espumosos brancos ou rosados
Alérxenos: contiene moluscos
Outras declaracións (OGM´s): este produto non ten e non foi obtido a partir de organismos xenéticamente modificados, en calquera dos seus materiais de partida e paso do proceso.
Duración do produto: 5 anos a partir da data de fabricación.
Modo de conservación: a temperatura ambiente. Lonxe dos raios solares. Unha vez aberto, consérvese refrixerado entre 0°C e 5°C e consúmase antes de 2 días.