Os nosos Mexillóns Fritos en Escabeche Bio DOP 4/6 acompáñannos ao longo da Vía da Plata, onde os olivares forman parte da paisaxe. O aceite, chamado tamén ouro líquido, está presente tanto na nosa cociña tradicional como na de vangarda.
O esencial do escabeche é AOVE monovarietal Cobransosa e o vinagre de uva Airén, que repousan durante 36 horas coas mellores especias.
Fritimos os mexillóns en aceite de oliva para conseguir unha leve deshidratación e unha textura firme. O escabeche engádese en frío para que manteña os aromas no tempo.
Recomendamos consumilos a temperatura ambiente, non máis de 30º, para que o escabeche garde tódalas súas propiedades.
Antes de distribuilos repousan varias semanas nos nosos almacéns para que cheguen ós consumidores con todo o aroma e sabor.
Ingredientes: mexillóns** (Mytilus galloprovincialis) da ría de Arousa fritos en AOVE*, escabeche* (aceite* de oliva virxe extra Cobransosa, vinagre* de viño Airén e especias*), laurel*, pementa* e sal.
** Procedencia de acuicultura ecolóxica
* Procedencia de agricultura ecolóxica
Capacidade: 120 ml
Peso neto: 110 g
Peso escurrido: 69 g
Maridaxe: viños frescos novos e con acidez, como Rías Baixas ou Rueda; sidra natural ou espumosos brancos ou rosados
Alérxenos: contén moluscos
Outras declaracións (OGM´s): este produto non ten e non foi obtido a partir de organismos xenéticamente modificados, en calquera dos seus materiais de partida e pasos do proceso.
Duración do produto: 5 anos a partir da data de fabricación
Modo de conservación: a temperatura ambiente. Lonxe dos raios solares. Unha vez aberto, consérvese refrixerado entre 0° C e 5° C e consúmase antes de 2 días.