Os nosos Mexillóns Bio DOP en Salsa Verde 7/10 trasládannos ao Camiño de Inverno, pois a cor verde da súa salsa evoca o dos viñedos de uva branca presentes nesta ruta.
A base da salsa é un bo caldo de rape (peixe salvaxe) con viño branco de uva Airén, cebola fresca de tempada e perexil, cociñados a lume lento.
Recomendamos consumilos tanto a temperatura ambiente como en quente, sós ou formando parte dunha receita, especialmente con peixes.
Ingredientes: mexillóns** (Mytilus galloprovincialis) da ría de Arousa, caldo de rape (rape 3% e auga), viño* branco Airén, cebola*, AOVE* Cobransosa, perexil* e sal.
** Procedencia de acuicultura ecolóxica
* Procedencia de agricultura ecolóxica
Capacidade: 120 ml
Peso neto: 110 g
Peso escorrido: 65 g
Maridaxe: viños secos, como Rioja ou Ribera del Duero e tintos de media crianza e crianza
Alérxenos: contén moluscos e peixe
Outras declaracións (OGM´s): este produto non ten e non foi obtido a partir de organismos xenéticamente modificados, en calquera dos seus materiais de partida e paso do proceso.
Duración do produto: 5 anos a partir da data de fabricación
Modo de conservación: a temperatura ambiente. Lonxe dos raios solares. Unha vez aberto, consérvese refrixerado entre 0° C e 5° C e consúmase antes de 2 días.