O noso Paté de Mexillóns Bio DOP en Escabeche acompáñanos ó longo do Camiño Francés, pois a gastronomía francesa é o berce dos untables.
O vinagre é un ingrediente imprescindible para un bo escabeche. Obtense a partir dos mellores viños e ó longo de toda esta ruta podemos desfrutar dos viñedos que o proporcionan.
O escabeche é de AOVE monovarietal Cobransosa e vinagre de uva Airén, que repousan durante 36 horas coas mellores especias para realzar os aromas.
Recomendamos consumilo tanto a temperatura ambiente como en frío (+6° C a +8° C). O frío favorece ó escabeche. Unte ó seu gusto sobre pan (artesán, de pobo, sen gluten, integral, de masa nai, baixo en sal, etc.), galletas, tostadas... ou elabore as súas mellores receitas.
Ingredientes: mexillóns** (Mytilus galloprovincialis) da ría de Arousa, escabeche* (aceite* de oliva virxe extra Cobransosa, vinagre* de viño Airén, laurel*, pementa*, cebola* e allo*), caldo de rape (rape 3% e auga), legumes* secas (3,5%), alga* (gelidium) e sal.
** Procedencia de acuicultura ecolóxica
* Procedencia de agricultura ecolóxica
Capacidade: 120 ml
Peso neto: 102 g
Maridaxe: viños frescos, novos e con acidez, como Rías Baixas ou Rueda; sidra natural ou espumosos brancos ou rosados
Alérxenos: contén moluscos e peixe
Outras declaracións (OGM’s): este produto non ten e non foi obtido a partir de organismos xenéticamente modificados, en calquera dos seus materiais de partida e paso do proceso.
Duración do produto: 5 anos a partir da data de fabricación
Modo de conservación: a temperatura ambiente. Lonxe dos raios solares. Unha vez aberto, consérvese refrixerado entre 0° C e 5° C e consúmase antes de 2 días.