O noso Estofado de Lentellas con Mexillóns Bio DOP en Caldo de Rape convida a que o Camiño Sanabrés sexa máis levadeiro. Zamora é o lugar de orixe da nosa lentella pardina.
As lentellas pardinas de Terra de Campos medran nun entorno agro-climático no que se chamou a despensa de España.
Reinterpretamos un estofado tradicional adaptándoo ós tempos actuais para que só haxa que abrir, quentar e desfrutar.
A esencia da dieta mediterránea está presente en tódolos nosos pratos preparados: Só con Omega 3, sen graxas de orixe cárnico; o fondo de tomate e marisco, o caldo de rape e os mexillóns nos garanten o sabor a mar ao cociñalos a lume lento durante dúas horas e dez minutos para que o caldo fusione coas lentellas.
Ingredientes: lentellas* pardina, mexillóns** (Mytilus galloprovincialis) da ría de Arousa, caldo de rape (rape 3% e auga), salsa* de tomate (tomate*, cebola*, allo*, aceite* de oliva, azucre* e sal), porro* fresco, AOVE* Cobransosa, laurel* e sal.
** Procedencia de acuicultura ecolóxica
* Procedencia de agricultura ecolóxica
Capacidade: 350 ml
Peso neto: 340 g
Maridaxe: viños brancos e rosados, como Rioja e Ribera del Duero e tintos novos de media crianza e crianza.
Alérxenos: contén moluscos e peixe
Outras declaracións (OGM´s): este produto non ten e non foi obtido a partir de organismos xenéticamente modificados, en calquera dos seus materiais de partida e paso do proceso.
Duración do produto: 5 anos a partir da data de fabricación
Modo de conservación: a temperatura ambiente. Lonxe dos raios solares. Unha vez aberto, consérvese refrixerado entre 0° C e 5° C e consúmase antes de 2 días.